viernes, 19 de abril de 2024

CLUB DE XOGOS DE MESA

Nestes tempos de dixitalización non está demais recuperar certos praceres analóxicos como os xogos de mesa. Hai xogos que exercitan a capacidade analítica, a nosa picardía e  astucia, outros espertan a imaxinación e fomentan a memoria, pero o mellor e capacidade para retomar o gusto de pasar o rato cun grupo de amigos/as.

O Club de xogos de mesa foi creado exclusivamente para a diversión do alumnado da escola. É un espazo da biblioteca creativa para o alumnado aficionado a este tipo de xogo.

A biblioteca escolar conta cunha gran selección de xogos de mesa para todas as idades que está á disposición dos membros do club todos os venres na hora do recreo.










MALETÍNS CREATIVOS

 O equipo de biblioteca propuxo dende o programa Biblioteca Creativa unha serie de actividades que chegaran a todo o alumnado, de infantil ata os últimos cursos de primaria, onde a creatividade, a igualdade, a diversidade e a inclusión foran os eixes transversais.

Para o alumnado de 3º e 4º preparáronse os Maletíns creativos. Estes maletíns enchéronse de gran variedade de materiais (pintura, ceras, tesoiras, paus, area, follas...) para que os nenos e as nenas crearan unha obra de arte.

O obxectivo principal desta actividade foi espertar a imaxinación, organizar ideas, traballar en equipo, gozar da beleza do proceso creativo e mellorar a psicomotricidade fina.

Todo un éxito! 




viernes, 12 de abril de 2024

MALETA IES

 O alumnado de sexto de Educación Primaria recibiu no mes de marzo a maleta rosa "Camiño ao IES: unha nova etapa". Preparada dende o Departamento de Orientación do centro e a Biblioteca escolar "O Moucho", esta maleta contén vinte e dous libros con títulos tan interesantes coma Manual del bullying, 101 cosas que hacer antes de ir al instituto, Empieza la ESO, ¡Sálvese quien pueda!, Tu cuerpo es único, Cuéntamelo todo... e dúas caixiñas con debuxos sobre filosofía visual Mundo cruel e Lo que tú quieras.

A maleta leva tamén un cartafol con enquisas sobre cada un dos libros para que o alumnado valore a lectura en función das dúbidas ou necesidades que ten neste momento tan cheo de emocións como é o final dunha etapa educativa e a espera dunha incerta e marabillosa nova aventura, a ESO.






miércoles, 10 de abril de 2024

DÍA INTERNACIONAL DAS MATEMÁTICAS E DO NÚMERO PI

O catorce de marzo e o Día de Pi. Acordouse celebralo nesa data porque en EEUU escríbese 14/3. Os fanáticos das matemáticas decidimos adicar ese día a practicar co cubo de Rubik e xogar con todos os xogos que se mercaron para o club de Xogos de mesa da biblioteca do noso centro. O maiores probamos a facer permutacións ata conseguir montar unha cara do cubo, e houbo sorpresas xa que varios alumnos de sexto conseguiron montar as seis caras. Os mais pequenos o pasaron xenial cos Legos, Kapla e outros xogos adaptados a súa idade.




martes, 9 de abril de 2024

CONTACONTOS NA BIBLIO COA COLABORACIÓN DE ÁNXELES ESCRIBANO

 O 23 de febreiro Ánxeles voltou ao noso centro despois de moitos anos para contarnos un conto moi especial. Participaron nesta actividade o alumnado de E. Infantil nunha primeira volta e 1º, 2º e 3º de E. Primaria nunha segunda.











MIGALLAS NA ESCOLA

 Dentro do programa "Lectura e familias" buscamos compartir con elas un tempo de lecer na nosa biblioteca. O día 20 de marzo, coincidindo co Día Internacional da Narración Oral, actuou  Migallas  para o alumnado de Educación Infantil e as súas familias. Todo un éxito!










OBRADOIRO BEE BOT CO ALUMNADO DE INFANTIL DE 5 ANOS

 Aí van as imaxes do obradoiro Bee-bot co alumnado de 5 anos de Educación Infantil para traballar o pensamento computacional.