miércoles, 2 de junio de 2010

ENTREGA DE PREMIOS AOS POETAS

Hoxe realizamos a entrega de Premios aos participantes na actividade de escritura de poemas, expostos sempre no "Recuncho dos poetas". Hai poemas de diversas temáticas: amizade, natureza, emocións, paz, dor, auga,etc. Todos os alumnos de primaria participaron durante todo o curso presentando os seus inéditos poemas. Con eles editamos 3 libros que circularán polas aulas e posteriormente permanecerán na Biblioteca.

jueves, 27 de mayo de 2010

PROXECTO INTERDISCIPLINAR: A AUGA

O noso PROXECTO INTERDISCIPLINAR deste curso tratou A AUGA. Unha vez realizados os traballos documentais, power point, experimentos e selección de información, preparamos unha exposición co resultado final.





Durante as vindeiras semanas proxectaremos -para Primaria- os Power Point elaborados polos alumnos/as de 3º e 4º curso e tamén faremos novamente os experimentos que prepararon os alumnos de de 2º A e B - para os cursos de 1º, 2º, 3º e 4º-. Asimesmo os alumnos de Infantil mostrarán aos outros cursos a proxeción do conto "A gota de auga", contiño que mostra o ciclo da auga.













Editamos 3 libros:

  • Pinga de chuvia. ( 5 anos B)



  • Traballos sobre a auga. ( 5 anos B)

  • Experimentos coa auga (2ºB)




Nalgúns dos traballos realizados as FAMILIAS implicáronse moito e aportaron tamén ideas, traballo cooperativo e fotos, sendo así partícipes da educación e fomento da lectura dos rapaces/as. Aquí tedes o resultado final... Non vos molledes!!

Os nen@s de 5 anos traballando:


O resultado de tanto traballo

Estos son as libros que temos na biblioteca relacionados coa auga:

Los secretos del aguaPortada de Preguntas que poñen os pelos de punta 1 : sobre a auga e o lume


Y "Descubre el auga" Texto Editores.


martes, 11 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS 2010: UXÍO NOVONEYRA, poeta

A vindeira semana, 17 de maio celebramos en Galicia o día das letras galegas e, durante toda esta semana estamos realizando actividades nos diferentes ciclos, relacionadas con esta significativa data para todos os escolares galegos. Como en anos pasados temos o noso Festival das Letras Galegas no Centro Cultural de Beade os días 12 e 13, e todos os cursos Educación Infantil e Primaria están preparando as súas actuacións: danzas, contos, poemas, biografía de Uxío Novoneyra, cantigas, representacións teatrais... De momento aquí enlazamos parte da súa obra, coa aportación das bibliotecas que sempre nos aportan excelentes traballos.

Se pinchades na foto de Uxío Novoneyra podedes realizar unhas actividades sobre a súa vida e obra, realizadas polo CEIP Condesa de Fenosa.



Esta presentación fixerona no CPI Progreso de Catoira, as compañeiras Nine Paz e Marga.

jueves, 6 de mayo de 2010

EXPOSICIÓN DE CONTOS

E xa estamos co DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, 23 de abril. Este curso novamente puxemos en marcha a EXPOSICIÓN DE CONTOS INFANTÍS, contos de todo tipo e...............que éxito!! As familias e os nenos/as de E. Infantil traballaron arreo para mostrarnos maquetas, murais, puzzles, traballos en tea, plastilina, minicontiños, .......FABULOSOS¡¡¡¡¡ Dende esta páxina felicitamos a todos/as participantes xa que a calidade dos traballos mellora ano a ano e o obxectivo é claro: o fomento da lectura nos cativos coa importantísima e necesaria axuda das familias.



jueves, 29 de abril de 2010

CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA CONTARTE

CAMPAÑA CONTARTE (animación lectora e plástica):
Hoxe contamos coa presenza de 2 animadoras-contacontos (campaña CONTARTE-Concello de Vigo) que realizaron 3 obradoiros de Plástica a partires dos libros "Taccuino di un animalista" e "Ollobrusco" da editorial OQO, ilustrados por Maurizio Quarello. As sesións foron desfrutadas por 3º, 4º e 5º cursos e ademais recibimos previamente un lote de libros desta editorial que son magníficos, -nos textos e nas ilustracións-, como xa sabedes, entre eles: El león Kandinga, Petra, la bruja regañadientes.Os rapaces quedaron entusiasmados e sóubolles a pouco pero........para o curso mais?Aquí vai unha mostra dos debuxos que realizou o curso de 4º.





O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS

Este é un libro mooooi goloso e divertido que vos recomendamos especialmente. Que ocorre cando un neno se empacha de boas lecturas? pois, que........pode producirlle indixestión. Será mellor ler libros pero nunca comelos. Ademais atopamos unha proxeción deste libro, en Internet, xa realizada e visualizámola durante a semana do libro, durante 2 recreos sucesivos. Gustouvos moito, certo? Pois agora só queda compralo e lelo.

lunes, 19 de abril de 2010

DECLARACIÓN UNIVERSAL DO DEREITO A ESCOITAR CONTOS

1.-Todas as nenas e nenos, de cero a cen anos, sen distinción de raza, idioma ou relixion teñen dereito a escoitar os mais fermosos contos, mitos e lendas da tradición oral dos pobos.
2.-Todo ser humano ten pleno dereito a esixir que os seus pais e nais lles conton contos a calquera hora do día. Aqueles pais sorprendidos negándose a contar un conto, comenten grave delito de omisión cultural e autocondenase a que os seus fillos xamais lles volvan pedir outro conto.
3.-Quen non teña a ninguén que lle conte contos, ten absoluto dereito a pedir ao adulto da súa preferencia que llos conte, sempre e cando este o faga con amor e ternura, que é como se contan os contos.
4.-Todas as nenas e nenos teñen dereito a escoitar contos sentados nos xeonllos dos seus avós.
5.-As persoas adultas están na obriga de pór ao alcance das nenas e os nenos todos os libros, contos e poesías de diferentes autores.
6.-Toda persoa ten dereito a inventar e contar os seus propios contos, así como a modificar os xa existentes creando a sua propia versión. No caso de nenos e nenas moi influidos pola tele, os seus pais e nais están na obriga de descontaminalos conducíndoos polos camiños da imaxinación da man dun bo libro de contos.
7.-As nenas e nenos teñen dereito a esixir contos novos. Os adultos están na obriga de nutrirse permanentemente de imaxinativos relatos, propios ou non, longos ou curtos, de ficción ou divulgativos, narrativos ou poéticos. O único obrigatorio é que sexan fermosos e cautivantes.
8.-As nenas e nenos sempre teñen dereito a pedir outro conto e a pedir que lles conten un millón de veces o mesmo conto.
9.-Todas as nenas e nenos do mundo teñen dereito a medrar acompañados das aventuras de Elmer, de Hansel e Gretel, de Tom Sawyer, do lobo feroz e das fadas madriñas, do colorín colorado do final dos contos e do inmortal “había unha vez”, frase máxica que abre as portas da imaxinación hacia os soños máis fermosos da infancia.
CÓNTESE, ESCÓITESE E CÚMPRASE.

viernes, 16 de abril de 2010

PARA QUE LES????

PARA QUE LES?
Este ano 2010 é o Ano do libro infantil e xuvenil en Galicia e próximamente teremos unha chea de actividades relacionadas coa lectura e a celebración do 23 de abril, día do libro.
En breve, faremos unha actividade de reflexión lectora en torno a esta pregunta: PARA QUE LES?
Todos temos motivos diversos para ler e todos son importantes. Hai persoas que len diariamente, outros de cando en vez, algúns só cando a tele está estropeada, outros cando esperan na consulta do médico, algúns baixo a sombra dun carballo, na praia, poucos non len nunca e....... algún despistado le no w.c. Pero.........PARA QUE LES?

miércoles, 24 de marzo de 2010

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA 2010

O pasado 21 de marzo celebrouse o día internacional da poesía, data que aproveitamos para facer unha actividade poética no noso cole. Durante o curso escolar os nenos /as escribiron moitas poesías para ser expostas no RECUNCHO DOS POETAS. Así é que, en todos os cursos hai excelentes poetas que nos mostraron as súas composicións -nun recital poético- os días 17 e 18 de marzo, durante o recreo. As poesías eran inéditas e os lectores declamaron con entusiasmo e emoción.

Escoitamos poemas sobre natureza, amizade, familia, paz, as estacións, os sentimentos....... que encheron uns minutos de tempo para todos os nenos/as e profesores que asistiron. E, durante o recital, como acompañamento musical, escoitamos a banda sonora da película La vita é bella.......




Durante a semana traballamos -en todas as aulas- o cartel do escritor FRAN ALONSO co título “ 5 motivos para ler poesía”.

viernes, 12 de marzo de 2010

ADIVIÑA CANTO TE QUERO

Hoxe tivemos a presentación do CLUB DE LECTORES de 2º nivel, o primeiro curso que realiza esta actividade no noso cole Coutada-Beade. Os nenos/as lectores estaban emocionados xa que levaban tempo preparándose para o gran estreo. Tamén os profes estabamos ilusionados. Fai dúas semanas que os lectores comezaron a lectura do libro ADIVIÑA CANTO TE QUERO de Sam McBratney e chegou o momento de contarnos o relato.

A xuntanza do CLUB tivo lugar na biblioteca, durante o recreo, durante 15 min. e foi.........deliciosa!! O biscoito que nos comemos axudou moito a facer a charla máis doce e exquisita.Os “charlatáns” foron Iván, Lea, Lucía A., Lucía R.,..........e asegúrovos que dominaban tódolos mínimos detalles do conto. O público asistente foi numeroso e participaron activamente e con moito humor. Aquí tedes unha pequena mostra desta “xuntanza lectora”. Por certo, o libro é MOI AMOROSO ¡!!!!!!!


A lectura e os dulces son bos amigos.


miércoles, 10 de marzo de 2010

DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2010

O pasado 8 de marzo conmemoramos o día da muller traballadora, tamén dende a nosa biblioteca, ao igual que moitas bibliotecas escolares galegas. Preparamos así a proxeción audiovisual dun libro que trata sobre a igualdade: O libro dos porcos de ANTONHY BROWN de Kalandraka. Na gravación das voces dos personaxes participaron alumnos de 5º: Miguel B., Alejandro, Nerea, Raquel.....
Os alumnos de primaria asistiron en 2 sesións diferentes á proxeción do libro e os alumnos de Infantil tamén, nunha sesión diferente, durante os días 8 e 9 de marzo. Aquí tedes a gravación. A partires da lectura deste libro todos podemos facer unha reflexión sobre o significado da igualdade e a diversidade.

domingo, 21 de febrero de 2010

SALÓN INFANTIL DO LIBRO

Un ano máis, como vén sendo habitual, temos CITA en PONTEVEDRA, ata o día 14 de marzo. Non perdades a ocasión de ir porque atoparedes moitos libros novidosos e talleres de creación divertidos, para todas as idades. Aquí vos queda o enlace para que consultedes o programa das actividades.
Cartel da edición de 2010. Contacontos, teatro, obradoiros, concertos... no Salón hai algo para ti!

miércoles, 10 de febrero de 2010

ACUARELA




Aquí tedes, para desfrute de todos a canción Aquarela de Toquiñho, que todos coñecedes e estivestes aprendéndoa durante a semana da Paz. Lembrade que os soños tamén se poden acadar. Cantádea foooortÍssimo!!

miércoles, 27 de enero de 2010

ENGANCHADOS Á LECTURA

Tamén hai moito humor na lectura e nos libros. Aquí tedes un exemplo:

jueves, 21 de enero de 2010

O CEO POLA NOITE

Do 13 ao 21 de xaneiro fixemos na entrada do edificio administrativo unha exposición dos traballos feitos o ano pasado pol@s nen@s do colexio co gallo do ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMIA. Todos pasamos por alí a velos e gustáronnos moitísimo.