miércoles, 24 de marzo de 2010

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA 2010

O pasado 21 de marzo celebrouse o día internacional da poesía, data que aproveitamos para facer unha actividade poética no noso cole. Durante o curso escolar os nenos /as escribiron moitas poesías para ser expostas no RECUNCHO DOS POETAS. Así é que, en todos os cursos hai excelentes poetas que nos mostraron as súas composicións -nun recital poético- os días 17 e 18 de marzo, durante o recreo. As poesías eran inéditas e os lectores declamaron con entusiasmo e emoción.

Escoitamos poemas sobre natureza, amizade, familia, paz, as estacións, os sentimentos....... que encheron uns minutos de tempo para todos os nenos/as e profesores que asistiron. E, durante o recital, como acompañamento musical, escoitamos a banda sonora da película La vita é bella.......




Durante a semana traballamos -en todas as aulas- o cartel do escritor FRAN ALONSO co título “ 5 motivos para ler poesía”.

viernes, 12 de marzo de 2010

ADIVIÑA CANTO TE QUERO

Hoxe tivemos a presentación do CLUB DE LECTORES de 2º nivel, o primeiro curso que realiza esta actividade no noso cole Coutada-Beade. Os nenos/as lectores estaban emocionados xa que levaban tempo preparándose para o gran estreo. Tamén os profes estabamos ilusionados. Fai dúas semanas que os lectores comezaron a lectura do libro ADIVIÑA CANTO TE QUERO de Sam McBratney e chegou o momento de contarnos o relato.

A xuntanza do CLUB tivo lugar na biblioteca, durante o recreo, durante 15 min. e foi.........deliciosa!! O biscoito que nos comemos axudou moito a facer a charla máis doce e exquisita.Os “charlatáns” foron Iván, Lea, Lucía A., Lucía R.,..........e asegúrovos que dominaban tódolos mínimos detalles do conto. O público asistente foi numeroso e participaron activamente e con moito humor. Aquí tedes unha pequena mostra desta “xuntanza lectora”. Por certo, o libro é MOI AMOROSO ¡!!!!!!!


A lectura e os dulces son bos amigos.


miércoles, 10 de marzo de 2010

DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2010

O pasado 8 de marzo conmemoramos o día da muller traballadora, tamén dende a nosa biblioteca, ao igual que moitas bibliotecas escolares galegas. Preparamos así a proxeción audiovisual dun libro que trata sobre a igualdade: O libro dos porcos de ANTONHY BROWN de Kalandraka. Na gravación das voces dos personaxes participaron alumnos de 5º: Miguel B., Alejandro, Nerea, Raquel.....
Os alumnos de primaria asistiron en 2 sesións diferentes á proxeción do libro e os alumnos de Infantil tamén, nunha sesión diferente, durante os días 8 e 9 de marzo. Aquí tedes a gravación. A partires da lectura deste libro todos podemos facer unha reflexión sobre o significado da igualdade e a diversidade.