domingo, 15 de junio de 2014

RECOMENDACIÓNS de LECTURAS para este VERÁN

 
     Xa estamos a piques de rematar o curso e disfrutar dunhas ben merecidas vacacións. Coma todos os anos, a Biblioteca elabora unhas recomendacións de lecturas para disfrutar no verán. Aquí tendes as nosas recomendacións para este ano.
 
Premede na imaxe para acceder a guía. 
 
 

viernes, 6 de junio de 2014

Gañadores do I Certame de Escritura Creativa (3º ciclo)




   Publicamos os textos gañadores do I Certame de Escritura Creativa na categoría do 3º ciclo:

1º PREMIO:  O reencontro de Raúl González






2º PREMIO: “Ihbanam y Anitec” de Alex Feijóo







3º PREMIO: Un libro sin letras de Henar Alonso



lunes, 5 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014: Xosé María Díaz Castro

     Este ano adícasenlle as Letras Galegas a Xosé María Díaz Castro, un poeta nado en Guitiriz (Lugo). Xosé María Díaz Castro (1914-1990) mantivo un forte compromiso ao longo da súa vida co noso idioma e a nosa cultura. É autor dun único libro publicado no ano 1961, “Nimbos” que está considerado como unha das obras mestras da poesía galega contemporánea.
Nas seguintes ligazóns poderedes acceder a diversa información sobre a súa vida e obra, así como a diferentes actividades para Infantil e Primaria (preme nas imaxes):


http://seminariogalan.org/inicio/portada

http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro
http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=51

Comeza o intercambio de bibliomouchos

    A partir de hoxe xa podedes intercambiar os vosos bibliomouchos por agasallos. Non vos esquezades de traer a vosa cartilla de puntos.

Este ano temos preparadas un montón de sorpresas que seguro vos gustarán.








viernes, 4 de abril de 2014

CERTAMES para o MES DO LIBRO

Para os nenos e nenas do 2º e 3º ciclo: 
I CERTAME DE ESCRITURA CREATIVA

 "Neno lendo con elefante" de Gregory Colbert

Para os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo:
I CERTAME DE ELABORACIÓN DE MARCAPÁXINAS
 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!

miércoles, 2 de abril de 2014

Exposición de ÁLBUM ILUSTRADO

     Para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil fixemos unha exposición de álbum ilustrado que foi, sen dúbida algunha, todo un éxito.
    Alegrámonos de que vos gustase tanto e animámosvos a acercarvos máis a este tipo de libros que non sempre necesitan da palabra escrita para darnos a coñecer historias divertidas ou adentrarnos noutros mundos.























viernes, 28 de marzo de 2014

Chega abril: MES DO LIBRO



         Un 2 abril de 1805 viña ao mundo, en Dinamarca, un escritor recoñecido a nivel mundial grazas aos seus contos para nenos/as. Trátase de Hans Christian Andersen. A data do seu nacemento foi escollida para conmemorar o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil e fomentar a lectura entre os máis xovenes.



     Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Esa Sección elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel que se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación, etc. Con este motivo organízanse diferentes actividades de animación, encontros con escritores e ilustradores, concursos e outras accións puntuais.


   Este ano a mensaxe para os nenos e nenas do mundo chéganos da man de Siobhán Parkinson:



CARTA AOS NENOS DO MUNDO
    OS LECTORES, a miúdo lle preguntan aos escritores como escriben as súas historias - De onde saen as ideas? Veñen da miña imaxinación, contéstalles o escritor. Ah, claro, adoita responder o lector. Pero, onde está a túa imaxinación, de que está feita e é certo que todo o mundo ten unha?
     Ben, responde o escritor, está na miña cabeza, por suposto, e está composta de imaxes e palabras e recordos e rastros doutras historias e palabras e fragmentos de cousas e melodías e pensamentos e rostros e monstros e formas e palabras e movementos e palabras, ondas e arabescos e paisaxes e palabras e perfumes e sentimentos e cores e rimas e pequenos estalos e asubíos e sabores e explosións de enerxía e adiviñas e brisas e palabras. Todo iso xirando aí dentro e cantando e comportándose como un calidoscopio e aboiando e sentándose e pensando e rañando a cabeza.
     Por suposto que todo o mundo ten imaxinación: sen ela, non seriamos capaces de soñar. Porén, non toda imaxinación ten as mesmas cousas dentro dela. Probablemente, a imaxinación dos cociñeiros conteña na súa maioría sabores, da mesma maneira que a imaxinación dos artistas conterá sobre todo cores e formas. A imaxinación dos escritores está principalmente chea de palabras.
     Para os lectores oíntes de historias, as súas imaxinacións tamén se nutren de palabras. A imaxinación dun escritor traballa, dá voltas e dá forma ás ideas, aos sons, ás voces, aos personaxes e aos acontecementos ata convertelos nunha historia; esta historia non está composta doutra cousa que non sexan palabras, batallóns de garabatos desfilando polas páxinas. Entón ocorre que, de pronto, chega un lector e eses garabatos cobran vida. Seguen estando na páxina, seguen parecendo garabatos pero tamén están choutando na imaxinación do lector, e este dá forma e fía as palabras para que a historia agora teña lugar na súa cabeza, como tivo lugar na cabeza do escritor.
     Este é o motivo polo que o lector é tan importante para unha historia como o é o escritor. Só hai un escritor para cada unha delas, pero hai centos ou miles ou incluso ás veces millóns de lectores de historias, que len no mesmo idioma que o do escritor ou que quizais ata lean traducións en moitos outros idiomas diferentes. Sen o escritor, non nace o conto; sen todos os miles de lectores arredor do mundo, o conto non chegará nunca a vivir todas as vidas que pode vivir.
     Todo lector dunha historia ten algo en común cos outros lectores desa mesma historia. Separadamente, aínda que tamén dalgunha maneira xuntos, eles recrearon a historia na súa propia imaxinación: unha acción que é tanto privada como pública, individual como común, íntima como internacional.
    É, posiblemente, o que os humanos fan mellor.
Seguide lendo!
Siobhán Parkinson



martes, 18 de marzo de 2014

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

   O día 21 de marzo é a data acordada pola UNESCO para celebrar o Día Mundial da Poesía.

   Para conmemorar este día xa temos preparada na biblioteca unha pequena exposición de libros de poesía. 
 



    Así mesmo, elaboramos un mural empregando unha das nosas últimas adquisicións en poesía: "O meu gato é un poeta" de Fran Alonso, unha aposta atrevida e lúdica para entender e gozar a poesía.
Premendo na imaxe poderedes acceder a unha páxina con xogos, poemas recitados, obradoiros, etc. Necesitades unha clave para acceder, pero pasando pola biblio poderedes obtela.




domingo, 26 de enero de 2014

DÍA DA PAZ. Homenaxe a un heroe do século XX: Nelson Mandela




    O pasado 6 de decembro o mundo enteiro choraba o pasamento de Nelson Mandela, considerado como o pai fundador da democracia en Sudáfrica, a súa terra de orixe.

Coñecido como Madiba foi un aténtico abandeirado da xustiza, da igualdade, do perdón e da paz; gañando en 1993 o Premio Nobel da Paz.



Este ano, e como homenaxe a este heroe do século XX, varios nenos e nenas do centro elaboraron un mural para o Día Escolar da Paz e participaron nunha actividade de ilustración elaborando caricaturas deste persoaxe inesquecible.