lunes, 13 de noviembre de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS

Bo día amiguiños!!!
O martes día 14 de Novembro non esquezades levar a vosa mochila viaxeira!"

Dentro do noso proxecto lector integramos a mochila viaxeira, unha estratexia de desenvolvemento e fomento da lectura, adaptada aos nosos tempos.

O seu obxectivo é fomentar e desenvolver o hábito lector en toda a familia e que este sexa un motivo de unión e achegamento entre os seus membros.

A mochila funcionará como préstamo bibliotecario dunha semana. Un martes o seu fillo a levará para casa, a compartirá coa familia e a devolverá ao luns seguinte.

É importante que a familia pase un bo anaco e que se coide o material que contén.

Este ano como novidade temos que todas as mochilas contan cu libro relacionado co tema que estamos a traballar no colexio”O MAR”.

Vos agradeceríamos que devolvésedes a mochila o próximo luns para que así a podamos facer chegar a outra familia.

Gustaríanos que antes de facelo, escribísedes unas liñas na libreta, nas que expresedes se vos gustou a idea, que outros materiais poñeriades dentro, un debuxo dos vosos fillos…

Contamos coa vosa colaboración e recomedamos que teñades na casa unha biblioteca axeitada aos intereses e ás idades dos nenos/as.

              “Los libros son amigos   que nunca decepcionan”

                                                  Thomas Carlyle

                                                                                                     

 ALUMNADO DE 3 ANOS
INFANTIL 4 ANOS
INFANTIL 5 ANOS
1º EDUCACIÓN PRIMARIA
2º EDUCACIÓN PRIMARIA
3º EDUCACIÓN PRIMARIA
4º EDUCACIÓN PRIMARIA
5º EDUCACIÓN PRIMARIA

6º EDUCACIÓN PRIMARIA
ESPEREMOS QUE VOS GUSTE!!
ATA A PRÓXIMA

No hay comentarios: